menu Menú
Logo Francisco Castro

Benvida. Benvido. Son Francisco Castro. Escritor. Director Xeral de Editorial Galaxia. Vivo nos libros. E nas palabras. Entra e dá un paseo.



Página anterior Siguiente página Siguiente página
Temos un problema: índices baixos de lectura en Galicia

Os datos oficiais (“Barómetro de Hábitos de Lectura y de Compra de Libros en España 2017”) deixan en mal lugar a Galicia, porque indican que estamos por debaixo da media do Estado en lectura en tempo libre (lectura porque si, fóra da obriga escolar ou profesional; ou sexa, a lectura como hábito, a que realmente […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en marzo 6, 2018 1 min lectura Continuar leyendo
Onde hai máis librerías e bilbiotecas, hai máis lectura

Cada vez que saen estudos sobre hábitos de lectura ou compra de libros, imos todos coma tolos a ver o dato, ou sexa, O DATO, que adoita ser máis ou menos sempre o mesmo e que ten que ver con saber se subiron ou non os índices de lectura entre a poboación. Ten certa lóxica […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en febrero 28, 2018 2 min lectura Continuar leyendo
Amazonía

2038. Ano 1 da Nova Era. Os estudantes do derradeiro curso de Educación Primaria da Escola Amazon and Co. poñen as gafas de Realidade Confirmada nas súas casas que os conecta á Rede Universal Educativa Prescriptiva de Coñecementos Esenciais. A clase de hoxe, que lles entrará directamente no Bulbo Raquídeo logo da inxesta das tres […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog), Noticias, Sermos Galiza en febrero 26, 2018 2 min lectura Continuar leyendo
O fútbol e eu

Cando era pequeno, os futbolistas eran señores serios con bigote, cellas unidas e expresión grave. Raramente sorrían nas fotos. Chamábanse con nomes coma sentencias: Panadero Díaz, Barrachina, Juan, Abelardo, Ovejero… Eran, si, señores moi serios con cara de funcionarios da Audiencia Nacional. Benito, do Real Madrid, tiña un mostacho tan de señor cabreado que ninguén […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog), Noticias, Sermos Galiza en febrero 16, 2018 2 min lectura Continuar leyendo
Fake

Eu estudei Filosofía, imaxino (quen sabe, tiña 17 anos e pelo) porque buscaba a verdade, ou sexa, A Verdade. En plena adolescencia rabuda (e podedes crerme, foi rabuda; a miña madurez, por fortuna, non o está sendo menos) sentíame perdido, enfadado co mundo e xa moi consciente de que os gatos non tiñan tres patas, […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog), Noticias, Sermos Galiza en enero 30, 2018 2 min lectura Continuar leyendo
Unhas cantas reflexións rápidas sobre o estado de saúde do libro en España

Onte, e como cada ano, a Federación de Gremios de Editores de España presentou en rolda de prensa o documento “Barómetro de Lectura y Compra de Libros 2017.” Para os editores profesionais, é unha ferramenta de moita utilidade para sabermos por onde camiña o noso sector. Mais tamén é unha lectura que creo interesante para […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en enero 19, 2018 4 min lectura Continuar leyendo
Unha app satánica

O outro día collín o Vitrasa, que é como lle dicimos en Vigo ao autobús urbano. Non son moi usuario e adoito ir ao traballo a pé (3.8 km ida e outros tantos de volta segundo o podómetro do móbil) e subo decidido as rúas máis difíciles da cidade, costa arriba. Polo xeral, á metade […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog), Noticias, Sermos Galiza en enero 17, 2018 3 min lectura Continuar leyendo
Un franquismo financiado, aínda hoxe, cos nosos cartos

Estes días, morta a filla do ditador (quen nunha entrevista gabábase de ter pasado a vida enteira sen traballar) abriuse o debate sobre o título nobiliario que no seu día, “polos seus méritos” lle concedeu El-Rei Juan Carlos e que ningún presidente de goberno se atreveu a lle quitar. E iso malia que xa hai […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en enero 10, 2018 2 min lectura Continuar leyendo
Eu non fun

A culpa é da gripe. Que hai moita. E da xente, que é parva e se enferma e vai a urxencias. Que vai ser dos recortes. Para nada. Como vai ser de que cada vez hai menos persoal, menos camas, menos recursos? Non ho.  A xente, que non se coida e vai ao hospital por […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en enero 9, 2018 2 min lectura Continuar leyendo
Aquel día en que fun monárquico

Reparade nese rei Gaspar. Foi na Cabalgata de Vigo (hoxe estarei alí apañando caramelos) do ano 2012. As crónicas de prensa do día seguinte dicían que Gaspar parecíase a Francisco Castro. Creo que si. Reparade ben nesas gafas. Ten un aire. Si, creo que si. De feito, aquel rei mago falaba galego, e foi entrevistado […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en enero 5, 2018 1 min lectura Continuar leyendo
140.000 PERSOAS SEGUEN TIRADAS NAS CUNETAS

Neste ano que rematou cumpríronse 10 anos da Lei de Memoria Histórica. E malia iso, que é moito tempo, 140.000 persoas seguen esquecidas nas cunetas. Xa sabedes, logo de Camboia, España é o lugar do mundo que máis xente soterrada ten sen identificar. Unha triste marca que, seica, a ninguén preocupa. Cando menos, a ninguén […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en enero 3, 2018 2 min lectura Continuar leyendo
POLA MIÑA CULPA, POLA MIÑA CULPA, POLA MIÑA GRAN CULPA

A sociedade occidental creceu arredor da culpa. Lemos o primeiro libro da Biblia e aí xa estamos coméndonos o primeiro marrón: fóra do Paraíso. Culpables. Á rúa. Por iso hai que bautismarse (verbo que non sei se é normativo pero, mira ti, encántame; como “costurar”, que non sae no dicionario da RAG pero que me […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en diciembre 26, 2017 2 min lectura Continuar leyendo
Eu, robot divino

Anthony Lewandowski é un home moi listo porque é moi novo e está forrado de pasta. É un dos fundadores de Uber e de aplicacións varias que vai vendendo e así fórrase e vive coma Deus. Literalmente. Porque vén de coller toda a súa fortuna para crear unha igrexa (falamos dos Estados Unidos, aí podes […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog), Noticias, Sermos Galiza en diciembre 18, 2017 2 min lectura Continuar leyendo
Así, así

En Internet, ese país das marabillas, podes mercar de todo. Felicidade, especialmente. E amigos e amigas. As redes sociais, xa sabedes, ese mundo paralelo do borrollismo onde tanto nos queremos, onde tan solidarios somos a golpe de change.org. E en Internet podes mercar a trapallada máis absurda que se che ocorra. De entre as últimas […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog), Noticias, Sermos Galiza en diciembre 4, 2017 3 min lectura Continuar leyendo
A música e eu

(Na Semana de Santa Icía, na Semana da Música). De cativo estaba sempre co xiradiscos DUAL do meu irmán. Pousábao no chan e puña o LP ‘A hard day’s night’ dos Beatles unha e outra vez. Daquel aparello fascinábame a cor gris do altofalante (que tamén facía funcións de tapa). Era esponxoso e como puña […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en noviembre 21, 2017 3 min lectura Continuar leyendo
Papá. Leonard Cohen

  Hoxe hai dous anos que morreu meu pai. Hoxe hai un ano que morreu Leonard Cohen. Non significa nada. É só unha coincidencia do calendario, unha casualidade. Non busquedes máis nada. Non  hai. Hai dous anos deixoume o meu pai. Cada día parézome máis a el. Véxoo no espello. En certas manías. Nos pregues […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en noviembre 7, 2017 1 min lectura Continuar leyendo
REALIDADES

Cando estudei Filosofía (son un tipo moi culto) fiquei moi impresionado con dous autores de nome, xa de seu, sedutor. Falo de Wittgenstein e Heidegger, apelidos que indican sabedoría aínda que o primeiro fose un antisocial e o segundo un nazi. Con ambos os dous aprendín algo que os filósofos levan toda a vida explicando […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog), Noticias, Sermos Galiza en noviembre 6, 2017 2 min lectura Continuar leyendo

Página anterior Siguiente página

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar