menu Menu
A lendaria xornalista italiana Concita de Gregorio fala de "Chamádeme Simbad"... en italiano!
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Xullo 5, 2012 0 Comentarios 2 min lectura
Son un escritor galego Anterior Lectores, votantes... Seguinte

Estou coma unhas tarrañolas…

Unha amiga tróuxome de Italia (onde vén de saír a tradución do meu Spam; decididamente vou ter que emigrar para alí…) o novo libro desa lenda viva do xornalismo que é Concita de Gregorio, primeira e única muller en dirixir un xornal de grande tirada (L’Unità; onde demitiu despois de levalo ao máis alto, farta das presións do Partido Demócrata), e, na actualidade, sinatura habitual do prestixioso La Repubblica. Ela foi a que hai uns anos, na mellor época -para el- de Berlusconi, argallou unha manifestación de mulleres contra a súa política que deixou pampo a medio mundo polo éxito de convocatoria. Xornalista de raza e escritora, a súa produción literaria e ensaística céntrase sempre nas causas sociais, a defensa dos desfavorecidos e a loita por un mundo mellor.

Agora vén de publicar Cosí è la Vita, unha longa reflexión sobre a dor, a infancia, a morte.

Para a miña sorpresa, no Apéndice, ofrécenos unha Rassegna incompleta di libri memorabili, no que dá conta dos, segundo ela, libros dos que falou nas súas páxinas ou que a inspiraron durante a súa escrita. E de súpeto, velaí está, Mi chiamava Simbad, tradución súa do título galego (alí o libro aínda non foi publicado), como se conta no PDF que vos deixou ao final destas liñas, Chamádeme Simbad, do que sinala que è credo il primo libro per bambini que parla dellÀlzheimer. È unha storia magnifica, scritta in lingua gallega da Francisco Castro… e outras cousas bonitas que podedes ler, aquí.

Así que si, que estou como unhas tarrañolas. Sorprendido, máis unha vez, da viaxe arredor do mundo que este meu Simbad anda a facer, ceibo e feliz, como bo navegante feliz que é 


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar