menu Menú
A xente
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en julio 12, 2017 0 Comentarios 2 min lectura
Morrer no traballo Anterior Silencios Siguiente

Onte coñecín unha persoa que ten moitos animais na súa casa. Non cans nin gatos senón outros, tanto ten cales, que eu nunca vira en casa ningunha. Explicoume todo o que implica telos: gastos veterinarios, de alimentación, de acondicionamento (un deles, de feito, ten que estar o 75 por cento do día en escuridade absoluta para non morrer). Sentín a súa paixón e o pracer que lle daba coidar deles. E tamén o fondo respecto que ten pola  natureza e o reino animal. E a súa responsabilidade con todos e cada un daqueles seres vivos que coida no seu fogar na compaña do resto da súa familia.

Nun momento do café, engadiu, ademais, que estaba moi farta das persoas, que cada día confiaba menos nelas e que os animais eran sen dúbida moito mellores. Lembrei aquela frase de Lovecraft: «Non teño medo á soidade. A xente é infinitamente máis perigosa».

Hoxe Laureano Oubiña foi entrevistado na SER por Pepa Bueno (que arrancou cun «bienvenido a la cadena SER, Laureano Oubiña», que xa doeu). O narcotraficante falou do seu financiamento a determinadas formacións políticas. E hai escándalo sobre iso. Pero a min hai algo que me doeu máis, pois aproveitou o marabilloso espazo que lle deu a xornalista nun programa de máxima audiencia, para insultar ás nais dos rapaces mortos, as nais contra a droga, suxerindo que estaban niso polas subvencións, como certo político fixo hai nada referíndose aos que buscan sacar aos seus familiares das cunetas franquistas.

Si, moitas veces é mellor estar con animais que con xente. Moito mellor.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar