menu Menu
1267 artigos rexistrados
A Canción do Náufrago (Blog)
A Canción do Náufrago é o meu blog desde 2006.
Páxina anterior Páxina anterior Páxina seguinte Páxina seguinte
O fútbol e eu

Cando era pequeno, os futbolistas eran señores serios con bigote, cellas unidas e expresión grave. Raramente sorrían nas fotos. Chamábanse con nomes coma sentencias: Panadero Díaz, Barrachina, Juan, Abelardo, Ovejero… Eran, si, señores moi serios con cara de funcionarios da Audiencia Nacional. Benito, do Real Madrid, tiña un mostacho tan de señor cabreado que ninguén […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog), Novas, Sermos Galiza en Febreiro 16, 2018 2 min lectura Seguir lendo
Fake

Eu estudei Filosofía, imaxino (quen sabe, tiña 17 anos e pelo) porque buscaba a verdade, ou sexa, A Verdade. En plena adolescencia rabuda (e podedes crerme, foi rabuda; a miña madurez, por fortuna, non o está sendo menos) sentíame perdido, enfadado co mundo e xa moi consciente de que os gatos non tiñan tres patas, […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog), Novas, Sermos Galiza en Xaneiro 30, 2018 2 min lectura Seguir lendo
Unhas cantas reflexións rápidas sobre o estado de saúde do libro en España

Onte, e como cada ano, a Federación de Gremios de Editores de España presentou en rolda de prensa o documento “Barómetro de Lectura y Compra de Libros 2017.” Para os editores profesionais, é unha ferramenta de moita utilidade para sabermos por onde camiña o noso sector. Mais tamén é unha lectura que creo interesante para […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Xaneiro 19, 2018 4 min lectura Seguir lendo
Unha app satánica

O outro día collín o Vitrasa, que é como lle dicimos en Vigo ao autobús urbano. Non son moi usuario e adoito ir ao traballo a pé (3.8 km ida e outros tantos de volta segundo o podómetro do móbil) e subo decidido as rúas máis difíciles da cidade, costa arriba. Polo xeral, á metade […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog), Novas, Sermos Galiza en Xaneiro 17, 2018 3 min lectura Seguir lendo
Carta de Salvatierra de Guanajuato (México), por Inma López Silva e Francisco Castro

O pasado mes de octubre, a escritora Inma López Silva e eu tivemos a sorte de viaxar a Salvatierra de Guanajuato para participar no Encuentro Internacional de Escritores. Froito desa viaxe, que tanto nos marcou, escribimos esta Carta de Salvatierra de Guanajuato que a revista GRIAL publica no seu novo número que estes días chega […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Xaneiro 14, 2018 1 min lectura Seguir lendo
Un franquismo financiado, aínda hoxe, cos nosos cartos

Estes días, morta a filla do ditador (quen nunha entrevista gabábase de ter pasado a vida enteira sen traballar) abriuse o debate sobre o título nobiliario que no seu día, “polos seus méritos” lle concedeu El-Rei Juan Carlos e que ningún presidente de goberno se atreveu a lle quitar. E iso malia que xa hai […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Xaneiro 10, 2018 2 min lectura Seguir lendo
Eu non fun

A culpa é da gripe. Que hai moita. E da xente, que é parva e se enferma e vai a urxencias. Que vai ser dos recortes. Para nada. Como vai ser de que cada vez hai menos persoal, menos camas, menos recursos? Non ho.  A xente, que non se coida e vai ao hospital por […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Xaneiro 9, 2018 2 min lectura Seguir lendo
Aquel día en que fun monárquico

Reparade nese rei Gaspar. Foi na Cabalgata de Vigo (hoxe estarei alí apañando caramelos) do ano 2012. As crónicas de prensa do día seguinte dicían que Gaspar parecíase a Francisco Castro. Creo que si. Reparade ben nesas gafas. Ten un aire. Si, creo que si. De feito, aquel rei mago falaba galego, e foi entrevistado […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Xaneiro 5, 2018 1 min lectura Seguir lendo
140.000 PERSOAS SEGUEN TIRADAS NAS CUNETAS

Neste ano que rematou cumpríronse 10 anos da Lei de Memoria Histórica. E malia iso, que é moito tempo, 140.000 persoas seguen esquecidas nas cunetas. Xa sabedes, logo de Camboia, España é o lugar do mundo que máis xente soterrada ten sen identificar. Unha triste marca que, seica, a ninguén preocupa. Cando menos, a ninguén […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Xaneiro 3, 2018 2 min lectura Seguir lendo
POLA MIÑA CULPA, POLA MIÑA CULPA, POLA MIÑA GRAN CULPA

A sociedade occidental creceu arredor da culpa. Lemos o primeiro libro da Biblia e aí xa estamos coméndonos o primeiro marrón: fóra do Paraíso. Culpables. Á rúa. Por iso hai que bautismarse (verbo que non sei se é normativo pero, mira ti, encántame; como “costurar”, que non sae no dicionario da RAG pero que me […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Decembro 26, 2017 2 min lectura Seguir lendo
Eu, robot divino

Anthony Lewandowski é un home moi listo porque é moi novo e está forrado de pasta. É un dos fundadores de Uber e de aplicacións varias que vai vendendo e así fórrase e vive coma Deus. Literalmente. Porque vén de coller toda a súa fortuna para crear unha igrexa (falamos dos Estados Unidos, aí podes […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog), Novas, Sermos Galiza en Decembro 18, 2017 2 min lectura Seguir lendo
Así, así

En Internet, ese país das marabillas, podes mercar de todo. Felicidade, especialmente. E amigos e amigas. As redes sociais, xa sabedes, ese mundo paralelo do borrollismo onde tanto nos queremos, onde tan solidarios somos a golpe de change.org. E en Internet podes mercar a trapallada máis absurda que se che ocorra. De entre as últimas […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog), Novas, Sermos Galiza en Decembro 4, 2017 3 min lectura Seguir lendo
A música e eu

(Na Semana de Santa Icía, na Semana da Música). De cativo estaba sempre co xiradiscos DUAL do meu irmán. Pousábao no chan e puña o LP ‘A hard day’s night’ dos Beatles unha e outra vez. Daquel aparello fascinábame a cor gris do altofalante (que tamén facía funcións de tapa). Era esponxoso e como puña […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Novembro 21, 2017 3 min lectura Seguir lendo
Papá. Leonard Cohen

  Hoxe hai dous anos que morreu meu pai. Hoxe hai un ano que morreu Leonard Cohen. Non significa nada. É só unha coincidencia do calendario, unha casualidade. Non busquedes máis nada. Non  hai. Hai dous anos deixoume o meu pai. Cada día parézome máis a el. Véxoo no espello. En certas manías. Nos pregues […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Novembro 7, 2017 1 min lectura Seguir lendo
REALIDADES

Cando estudei Filosofía (son un tipo moi culto) fiquei moi impresionado con dous autores de nome, xa de seu, sedutor. Falo de Wittgenstein e Heidegger, apelidos que indican sabedoría aínda que o primeiro fose un antisocial e o segundo un nazi. Con ambos os dous aprendín algo que os filósofos levan toda a vida explicando […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog), Novas, Sermos Galiza en Novembro 6, 2017 2 min lectura Seguir lendo
O incrible home-bala

Agora odio os circos, pero cando era neno un dos momentos mellores do ano era cando instalaban o Circo, así con miaúsculas. Inzaban as paredes con carteis de pallasos, trapecistas e leóns. De todas as visitas ao Circo, a mellor foi cando chegou O Incrible Home Bala. O cartel era un canón xigantesco cun fulano […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog), Novas, Sermos Galiza en Novembro 3, 2017 2 min lectura Seguir lendo
Se quixesen solucionar o de Cataluña...

Se quixesen solucionar o de Cataluña terían actuado antes, terían sido máis nobles, menos falsos, terían actuado con máis alturas de miras e non con criterios electoralistas pois a ninguén se lle escapa que ao PP sempre lle deu votos repetir iso da sacrosanta unidade de España e non non non ao nacionalismo separatista. Se […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Setembro 20, 2017 1 min lectura Seguir lendo
A necesidade de coidar das palabras: golpe de estado, Cataluña nazi, pederastia...

Hai que coidar as palabras, que non é tan difícil. Hai que evitar falar tan lixeiramente como se fai por aí con moi mala uva. Porque estamos a escoitar falar polo asunto catalán (polo asunto español) de “golpe de estado” con total naturalidade. Repíteno continuamente e, insisto, lixeiramente: isto é un golpe de estado, están […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Setembro 19, 2017 2 min lectura Seguir lendo

Páxina anterior Páxina seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar