menu Menu
Conversa con Lluís Bassets sobre FASCISMOS DIXITAIS
28 de febreiro ás 18 horas no Consello da Cultura Galega
Por Francisco Castro Publicado en Axenda, Consello da Cultura Galega en Febreiro 8, 2019 0 Comentarios 1 min lectura
Mai Anterior SOBRE A IMPORTANCIA DA LITERATURA XUVENIL Seguinte

Dentro do ciclo PENSARMOS que organiza a sección de PENSAMENTO do Consello da Cultura Galega do que formo parte, o vindeiro día 28 de febreiro conversarei con Lluís Bassets, un dos xornalistas máis importantes de España arredor da cuestión dos Fascismos Dixitais. Entre outras cousas, tentaremos respondernos preguntas do estilo:

-Que entendemos por fascismo dixital?
-Son as redes sociais un mal aliado para a democracia? (falemos da postverdade)
-Que papel está a xogar a mentira propagada por estas novas formas de comunicación na toma de decisións políticas?
-Perdemos a capacidade de distinguir o verdadeiro do falso?
-É posible hoxe en día realmente estar “ben informado” de algo?
-Existe algo que podamos chamar “neofascismo”?
-Estamos ante propostas políticas particulares para cada país ?(Le Pen, Bolsonaro, Trump, VOX) ou é un fenómeno global con elementos similares?
-Tentaremos analizar brevemente o nacemento e propagación dos novos populismos.
-Chegou a hora de atacar o que Christian Ridder chama no seu ensaio “Dataclismo”, o “evanxelismo tecnolóxico”?
-Está a tomar decisións políticas un algoritmo?
-Debe a política reaccionar con decisións normativas? (lexislar claramente sobre a falsidade en Internet

Nesta ligazón (CCG_ac_2019_pensarmos-lluis-bassets) queda o programa enteiro para que vos poidades anotar. A entrada é totalmente de balde.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar