menu Menu
E todo segue igual
47 anos despois do Concert for Bangladesh de George Harrison, o mundo continúa a ser un lugar de marxinación, inxustiza e violencia que sofren, coma sempre, os máis empobrecidos
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Agosto 1, 2018 0 Comentarios 1 min lectura
Nuns días sae en éuscaro CHAMÁDEME SIMBAD Anterior Unha viaxe en globo Seguinte


Hai 47 anos, tal día coma hoxe pero en 1971, recén separados os Beatles, George Harrison organizaba o primeiro macroconcerto solidario para unha boa causa. Durante dous días, artistas de primeiro nivel coma Bob Dylan, Eric Clapton, Ravi Shankar, Ringo Starr e por suposto el mesmo (John e Paul non se atreveron, andaban de bronca entre eles a diario), xuntábanse para recaudar fondos para loitar contra da pobreza, a fame e a dor nun país do terceiro mundo. Por vez primeira, os santóns do rock and roll puñan o seu talento, sobre todo, máis que para recadar fondos, que tamén, para chamar a atención sobre a inxustiza dunha situación que levaba por diante diariamente centos de vidas humanas.
Case que medio século despois, todo segue igual. Un lugar onde segundo onde nazas, tes todas as posiblidades de sofrir. Un planeta onde se es muller, case que seguro que nalgún momento da túa vida vas pasalo realmente mal. Un mundo onde a metade da xente explota á outra metade, fabrica e vende armas que lles estoupan enriba, e onde o sistema imperante insiste na explotación dos máis febles como xeito inevitable de relación.
É difícil non pensar que non temos remedio.
Ou, peor: que é así como nos queremos organizar.
Porque acabar coa fame, a inxustiza, a violación de dereitos humanos, a discriminación e o abuso, é perfectamente posible. O que non hai, é vontade política.
Así de duro.
Feliz agosto.

concert for banglaseh george harrison


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar