menu Menu
ESES QUE DÁN LECCIÓNS
Os curas sobre sexo, os castelanfalantes sobre o galego, os homes sobre as mulleres...
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Setembro 5, 2018 0 Comentarios 2 min lectura
Por que aínda non se derogou a Lei Mordaza se hai maioría parlamentaria? Anterior Presentación en Barcelona de EM DEIA SIMBAD Seguinte

É curioso comprobar a cantidade de xente que hai, sobre todo en estruturas de poder, disposta a dicirnos como debemos vivir. O problema é que a meirande parte desa xente non ten nin idea xa non só do asunto sobre o que opinan senón, en xeral, de case que nada. Porque para ter un posto político importante (ou mediático, ou relixioso, ou do carácter que sexa) non hai por que ser necesariamente brillante. De feito, moita xente brillante, precisamente por selo, non están nas esferas de poder porque se sublevan, non son sumisas e, ouh pecado!, pensan por si propias.

Así, é curioso, por empezar por algún sitio, comprobar que todas as persoas que se meten a falar do galego (xa sabedes, esa lingua que estamos impoñendo e que está acabando co español en Galicia) non o falan. Nin o falan nin o falarán. Amosan desprezo e prexuízos sobre el. Sen embargo, dán leccións sobre política lingüística e pretenden dicirnos ao resto como debemos falar, en que lingua e durante canto tempo (porcentaxes no ensino, etc). Non falan galego. A meirande parte deles nin son galegos. Pero queren dicirnos a nós o que debemos de pensar sobre a nosa lingua.

É curioso comprobar como os curas, homes e célibes (ha ha ha ha ha…) pasan a vida falando de sexo, de como debemos e que debemos facer na cama, e con quen, ou con cantos ou cantas. Como nos mandan ao inferno se non seguimos os seus mandamentos. E, sobre todo, como presionan para que as leis (as que afectan a todas e a todos, incluso aos que non somos crentes) se axusten aos seu ideario que, como digo, é o seu, pero pretenden que sexa o de todos dunha maneira obrigatroia.

Son só exemplos de asuntos que, máis que curiosos, dán noxo.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar