menu Menú
Onde hai máis librerías e bilbiotecas, hai máis lectura
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en febrero 28, 2018 0 Comentarios 2 min lectura
Temos un problema: índices baixos de lectura en Galicia Anterior Amazonía Siguiente

Cada vez que saen estudos sobre hábitos de lectura ou compra de libros, imos todos coma tolos a ver o dato, ou sexa, O DATO, que adoita ser máis ou menos sempre o mesmo e que ten que ver con saber se subiron ou non os índices de lectura entre a poboación. Ten certa lóxica que exista esa preocupación, mais tamén hai pequenos datos pero moi interesantes, menos atendidos polos medios de comunicación e que procuran o gran titular, pero que aos que nos dedicamos profesionalmente ao libro, nos teñen que chamar a atención.

Así, por exemplo, vendo polo miúdo o recente «Barómetro de Hábitos de Lectura y de compra de libros en España 2017» observamos que hai unha relación directa entre o tamaño das poboacións e a cantidade de libros que se len, ou, dito doutra maneira, entre vivir nun lugar onde hai oferta (librerías e bibliotecas) e a cantidade de libros que se len ao ano. Así, constátase que en poboacións de gran tamaño lese máis. E que descende a frecuencia lectora a medida que vai baixando o tamaño da poboación.

Daquela, cómpre insistir na necesidade de que os poderes públicos deseñen Políticas de Lectura (e non se deseñan, polo menos en Galicia eu non sei moi ben onde están alén de grandes declaracións que non son moito máis ca iso) que fomenten as bibliotecas, que procuren que abran máis para atender mellor a máis xente, e Políticas Económicas que coiden das librerías. Para que non pechen. Para que abran máis. Para que poidan traballar mellor.

Pero claro, o que veño de dicir parte dun suposto optimista como é que os que nos gobernan (incluso os que dirixen os departamentos de cultura das distintas administracións) están preocupados pola lectura. E vai ser que non.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar