menu Menu
POR QUE O PSOE NON GAÑARÁ AS VINDEIRAS ELECCIÓNS
A dereita adoita facer política de dereitas...o PSOE...tamén
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Setembro 7, 2018 0 Comentarios 2 min lectura
A EDITORIAL GALAXIA E A LITERATURA GALEGA DA EMIGRACIÓN Anterior Un amor xuvenil trazado á marxe das barreiras Seguinte

Se Pedro Sánchez quere ter un mínimo de posibilidades de aproveitar a ventaxa que dá estar no goberno para gañar as seguintes eleccións, debería comezar a comportarse como un gobernante de esquerdas, porque a historia política e a casuística electoral demotran que cando un partido de esquerdas fai unha política de dereitas, o electorado adoita abandoar e absterse ou votar á dereita. E isto é, probablemente, o que lle vai acontecer a un PSOE que chegou ao poder a través dunha Moción de Censura onde presentou un programa claramente de esquerdas, con forte presenza social e ilusionante para logo empezar a desenvolver unha práctica conservadora e idéntica ao do Partido Popular.

Se algo se pode dicir logo destes 100 primeiros días de goberno é que Pedro Sánchez se parece sospeitosamente a Mariano Rajoy.

Agás asuntos puntuais como o da Sanidade Universal ou a Exhumación da Momia, no resto, nada de nada.

Prometeron derrogar a Lei Mordaza, que aprobou o PP. Non a derrogan. Daquela, seguen a mesma política que o PP.

Prometeron publicar os nomes dos defraudadores fiscais que gozaron da amnistía que aplicou Montoro, ministro do PP. Non van publicalas. Polo tanto, igual que o PP.

Prometeron acabar coa situación de privilexio legal do Rei, que lle permite facer o que lle pete sen render contas a ninguén.   Non só non acabaron con iso senón que ademais vetaron a Comisión de Investigación sobre a súa suposta actividade defraudadora. Nesa manobra votaron conxuntamente con Ciudadanos e Partido Popular.

Prometeron derrogar a reforma laboral que aprobou o Partido Popular. Non o fixeron nin o farán.

Prometeron sacar a Relixión das aulas e que non conte para nota. Era unha decisión que tomou no seu día o PP ao tempo que se cargaba a Educación para a Cidadanía. O curso empeza a semana que vén e Relixión segue aí, conta para nota (coma Ciencias ou Literatura) e non se reinstaura Educación para a Cidadanía. Todo igual que o PP.

Prometeron eliminar a Lei Mordaza que aprobou o Partido Popular. Segue en vigor. Nada mudou.

Prometeron impostos á Banca, non facer devolucións en quente…

O PSOE é o PP. Por iso non gañarán as vindeiras eleccións.

pedro sánchez


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar