menu Menú
Un franquismo financiado, aínda hoxe, cos nosos cartos
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en enero 10, 2018 0 Comentarios 2 min lectura
Carta de Salvatierra de Guanajuato (México), por Inma López Silva e Francisco Castro Anterior Eu non fun Siguiente

Estes días, morta a filla do ditador (quen nunha entrevista gabábase de ter pasado a vida enteira sen traballar) abriuse o debate sobre o título nobiliario que no seu día, «polos seus méritos» lle concedeu El-Rei Juan Carlos e que ningún presidente de goberno se atreveu a lle quitar. E iso malia que xa hai unha Lei de Memoria Histórica (que o PP se salta ou polo menos non desenvolve) que farían entender como lóxico que algo así non seguise pasando. Igual que non hai Conde de Hitler ou Duque de Mussolini, non se entende que os descendentes dun dos meirandes criminais da historia da humanidade goce do estatus de «nobreza» nunha democracia restituída (aínda que sen república, como debería ser) logo da morte do ditador.

En España, o franquismo sempre seguiu protexido, e financiado, directa ou indirectamente, polo Estado. Xa non vou volver a dar a matraca cos cartos públicos que reciben Fundacións coma a Francisco Franco e que se gastan na loa e glorificación do fascista, senón lembrar un caso que hoxe soubemos, como é que o Ministerio de Defensa segue concedendo axudas económicas á Asociación de Militares Española. Preto de 6000 euros veñen de recibir malia ser unha organización ultra, que nas súas publicacións loan a Franco, a División Azul, e poñen verde á exmilitar Zaira Cantero que se atreveu a denunciar acoso sexual no exército. Por suposto, a culpan a ela. Érache boa.

Teñen unha sede propia (que paga Defensa en todo o que teña que ver con auga, luz, etc.) dende a que editan a súa revista que, ademais de traballar contra todo o citado, loita tamén contra o estado das autonomías.

Insisto, todo, con cartos públicos. Os teus e os meus.

Isto é España.

(toda a información en detalle, aquí)


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar