menu Menu
10 (POSIBLES) CANCIÓNS DA MIÑA VIDA. 10: ANDURIÑA
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Xuño 20, 2017 0 Comentarios 1 min lectura
Hai futuro Anterior 10 (POSIBLES) CANCIÓNS DA MIÑA VIDA. 9: WORKING CLASS HERO Seguinte


A canción saiu cando eu non tiña nin dous anos de vida. Pero estaba na casa o “single” do meu irmán e que eu escoitaba e escoitaba e escoitaba dende que aprendín, aos tres anos, a usar o tocadiscos seu.
Hai cancións que evocan verán.
Luz.
Pero luz moi forte, moi grande, luz que manca nos ollos de tan forte.
É escoitar esta canción que me sabe a tortilla de patacas na fiambreira de estaño de mamá, a Mirinda, a area pegada nos pés, a bisté empanado, a gaseosa Feijoo.
Sabor de xeado de laranxa, os polos de Camy na da señora Purita. Meu pai dicía que eran “todo química”. A min aínda hoxe me saben.
Historias.
A miña cabeza fantasiaba coa tal Anduriña. Maxinábaa coma unha nena ceibe. Unha hippie das que falaban, con noxo, os vellos da familia. Anduriña tiña a cara de Nievitas, a miña primeira moza, aló polos 6 anos ou así.
Liberdade.
Esa canción evoca todo iso.
E é perfecta.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar