menu Menu
10 (POSIBLES) CANCIÓNS DA MIÑA VIDA. 5: CARBÓN Y RAMAS SECAS
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Maio 30, 2017 0 Comentarios 2 min lectura
10 (POSIBLES) CANCIÓNS DA MIÑA VIDA. 6: MY SHARONA Anterior 10 (POSIBLES) CANCIÓNS DA MIÑA VIDA. 4: BLUES DE MAR Seguinte


Dende moi cativo atendo moito ás letras das cancións. Hai quen só queda coas melodías. Para min unha boa canción pode ser excelsa só por un verso. E, de feito, hai algúns que, directamente, me deixan sen aire.
Manolo García é un dos músicos máis singulares do panorama musical español dende hai máis de trinta anos. Dende que estaba con Los Burros e fixo aquel himno pacifista de “Querida Milagros”, á época máis “popular” con El último de la fila. Mais para min o seu traballo máis fino e interesante comeza coa súa época de solista, e é difícil atoparlle unha canción na que as letras non sexan un exemplo de coidada delicadeza e de esforzo na transmisión poética da mensaxe.
É o caso desta canción que hoxe traio aquí. Ou, matizando máis: é o caso dun dos versos desta canción, concretamente ese que di ” Si ahora pudiese estar mirando tus ojos / iba a estar escribiendo aquí esta canción”.
Este verso explica á perfección o que nos pasa a moitas e moitos dos que nos dedicamos a crear, sobre todo co que ten que ver co amor. Escribímoslle á persoa amada que non temos. Cantámoslle ao corazón que de verdade nos arrebata en saloucos tristeiros. Pintamos aquel amor adolescente que nos fixo vibrar máis que mil amores adultos. É unha das sortes que temos. A través da palabra ou da música ou da interpretación ou da arte que sexa, podemos comunicar, a nós mesmos e ao mundo en forma de creación artística, o noso desacougo ou melancolía porque o amor non está.
Si, todo iso é certo. Pero é moito máis que se te tivese diante, se agora estivese contigo, non había estar escribindo poemas ou cancións. Estaría amándote fisica e concretamente.
É así.
Por iso é unha das cancións da miña vida.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar