menu Menú
10 (POSIBLES) CANCIÓNS DA MIÑA VIDA. 6: MY SHARONA
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en junio 5, 2017 0 Comentarios 1 min lectura
10 (POSIBLES) CANCIÓNS DA MIÑA VIDA. 7: SUMMER NIGHTS (GREASE) Anterior 10 (POSIBLES) CANCIÓNS DA MIÑA VIDA. 5: CARBÓN Y RAMAS SECAS Siguiente


Tiña 13 anos cando Fito, un dos meus amigos daquela, mercou este single. Puñámolo no xiradiscos da súa casa unha e dúas e mil veces. Colliamos o pau das vasoiras e veña a facer como que o tocabamos, dando chimpos. No momento do só de guitarra final, un dos mellores e máis espectaculares da historia do rock, eu acababa de xeonllos tirado polo enlousado daquela cociña que era escenario dos nosos éxitos.
O mellor é que pasaron corenta anos e sigo facendo o mesmo. Teño tocado con paus de vasoira, con raquetas, con espumadeiras e incluso sen nada, facendo o punteo, así de parvo, cos dedos polo aire sobre unha guitarra imaxinaria.
Na casa, ás veces, cando estou baixiño, prendo a guitarra eléctrica, poño auriculares e tamén a toco aínda que non me sae tan ben como co pau da vasoira, a raqueta, a espumadeira ou cos dedos sobre a guitarra imaxinaria.
Mais paso tan ben coma cando tiña 13 anos, alí, na casa de Fito.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar