menu Menu
10 (POSIBLES) CANCIÓNS DA MIÑA VIDA. 9: WORKING CLASS HERO
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Xuño 19, 2017 0 Comentarios 1 min lectura
10 (POSIBLES) CANCIÓNS DA MIÑA VIDA. 10: ANDURIÑA Anterior 10 CANCIÓNS (POSIBLES) DA MIÑA VIDA. 8: ANOTHER ONE BITES THE DUST Seguinte


Porque son o fillo da carniceira de Teis.
Porque o meu pai empezou a traballar cando tiña 11 anos e, como era tan alto, mentiu e dixo que tiña 14 para que lle deixaran empurrar da carretilla.
Porque me criei nun barrio de pantalóns con remendos, onde non se tiraba nada, onde a roupa duraba ata que se desfacía, onde o frío se combatía dobrando o lombo e traballando arreo.
Porque crecín nun mercado, entre señores que ás 5 da mañá metían un Sansón dentro do peito para ser capaces de entrar nas cámaras frigoríficas para sacar as tenreiras.
Porque escoitei historias de pobreza e fame.
Porque non olvido.
Porque desprezo a pijería soberbia e de clase dos que miran por enriba aos demais.
Porque non esquezo quen son, de onde son, e onde quero seguir estando.
Por todo iso, esta é unha das cancións da miña vida.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar