Seica anda Tim Robbins por España coa súa versión teatral do clásico de George Orwell, 1984. Infortunadamente, e ata onde eu sei, a obra non visitará ningún dos teatros galegos. Mágoa grande.
O que nos conta a novela de Orwell – e xa sei que non vou ser nada orixinal ao dicir isto – está de máxima actualidade. Lembro que lin a obra aos 13 anos, e que me impactou poderosamente. De feito, quen se teña torturado lendo os meus libros, de certo que entenderá por que o digo. Os seus avisos sobre o poder totalitario, o dominio das mentes a través do control absoluto sobre todo o que facemos, dicimos e pensamos e, sobre todo, a necesidade de revelarse aínda sabendo que o monstro contra o que loitamos é poderoso de máis para as nosas forzas, semellan, hoxe en día e máis que nunca, mensaxes máis que válidas que, é máis que evidente, olvidamos con moita facilidade. Ou que dicir da habilidade coa que o Grande Irmán sabe distraer a nosa atención con paifocadas parvas que nos despistan dos verdadeiros problemas aos que habería que atender.
Coido que hai que volver a ler e reler esta novela.
Porque 1984 xa habita entre nós.
Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información
Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario. Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.