menu Menú
40 ANOS EN MACONDO ( Máis sobre a inspiración )
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en enero 3, 2007 0 Comentarios 1 min lectura
O MEU CONTO ESTRAÑO DE NADAL Anterior SON UN BLOC DE NOTAS Siguiente

Gabriel García Márquez
Onte escribín sobre a inspiración. E hoxe leo que se cumpren corenta anos da publicación desa catedral literaria que é Cien Años de Soledad de Gabriel García Márquez.
Co gallo da eferméride, Márquez recorda que se lle apareceu con claridade a historia un día cando ía en coche desde Ciudad de México a Acapulco, sobre el océano Pacífico, á altura de Cuervanaca. Foi tan forte o que sentiu que segundo indicou: La tenía tan madura que hubiera podido dictarle allí mismo, en la carretera de Cuernavaca, el primer capítulo, palabra por palabra, a una mecanógrafa. Decidiu dar a volta e pecharse na casa durante ano e medio, pedíndolle á familia que non o molestasen por nada do mundo. Pediu papel e cigarrillos. A literatura toda xa a tiña dentro.
Xa que logo, a inspiración existe.
( Inspírate para comentar este artigo e lembra que xa queda pouco para que remate o Xogo de Nadal )


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar