Tal día coma hoxe, pero de 1971, celebrábase o primeiro dos dous días do chamado “Concert for Bangladesh”, organizado por George Harrison e Ravi Shankar. Era a primeira vez que se celebraba un acontecemento desas características con fins benéficos. Por vez primeira (logo pasou un lote de veces) algunhas das grandes estrelas do rock se xuntaban sobre un escenario para recadar fondos por unha causa solidaria. Xa sabemos que o Live Aid de 1985 é o Concerto Solidario por execelencia, con Queen facendo estoupar o mundo, con aquel Let it be de McCartney pechado o evento con David Bowey, entre outros, facéndolle os coros, pero antes de que se fixese algo tan grande, alguén tiña que inventalos. E George estivo alí. Inventando esa clase de concertos.
Aproveitando o seu estatus de megaestrela (os Beatles viñan de disolverse había meses) agarrou de teléfono e xuntou alí a Eric Clapton, Bob Dylan, Leon Russel, Ringo Starr, Billy Preston e outra moita xente que agora son lendas. Xa o eran no seu tempo. Foron dous días intensos de música e solidariedade e de diñeiro. O que se recadou nos dous días, a película que se estreou o ano seguinte e o disco. Todo a beneficio de UNICEF para paliar as penosidades da xente do Pakistán refuxiada. A día de hoxe, de feito, cada vez que se merca o DVD ou os CDs, ou o que sexa daquel concerto, UNICEF segue recibindo os beneficios.
Ao longo das décadas seguintes, foron moitas as ocasións nas que as grandes figuras do momento se xuntaron sobre un escenario para apoiar causas solidarias. Pero, como en todo, tivo que haber unha primeira. E nese caso, coma case que sempre, había un beatle tirando do carro. Neste caso, o bo, cabeleiroso, discreto e xenial George Harrison. Hai hoxe, 50 anos.
billy preston bob dylan concert for bangladesh eric clapton george harrison leon russel ravi shankar ringo starr
Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información
Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario. Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.