menu Menú
5,1 EUROS AO MES EN GASTO DE LIBROS
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en noviembre 22, 2007 0 Comentarios 2 min lectura
AS PALABRAS DA NÉBOA Anterior AS CARAS DO LIBRO GALEGO Siguiente

Como cada ano, o Ministerio de Cultura publica o Anuario de Estadísticas Culturales. E como cada ano, comentámolo neste blog náufrago.
Seguimos igual. Ou sexa, non moi ben. Os galegos gastamos arredor de 168 euros ao ano en cultura, dos cales só 61.3 van para libros, o que, nunha doada división dános un total de 5,1 euros ao mes en gasto relacionado coa lectura.
Igual ten algo que ver o que comentabamos o outro día, de que os galegos somos os que case que gañamos menos de todo o Estado ( só están por debaixo os cidadáns de Extremadura ), pero para min que ten que ver con outro tipo de cousas. Porque a pesar de que ingresamos tan pouco, o certo é que en tecnoloxía gastamos case que a mesma cantidade ao ano ( 59,2 euros ) e aparellos electrónicos só se mercan, polo xeral, un ao ano ( e esaxerando: eu en todo o 2007 non fixen gasto ningún nese apartado ). E ademais, o que sempre dicimos: se non chegan a 1000 pesetas das de antes o gasto en libros ao mes, e algúns gastamos tanto e tanto en libros, hai que imaxinar que, en xeral, unha parte importantísima dos galegos non gasta…. absolutamente nada de nada en libros.
Esa é a nosa realidade. E por triste que nos pareza é a que hai que manexar.
Por iso hai que se esforzar en cambiala.
Por iso hai que encetar proxectos interesantes para variala.
Por iso hai que poñer a imaxinación a furrular para que se invirta esa situación.
Por iso hai que botar a andar iniciativas que traian aos lectores cara o noso.
Calquera cousa menos o fatalismo.
Non ten por que ser sempre así.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar