menu Menu
É QUE DÁ GUSTO
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Xullo 22, 2009 0 Comentarios 1 min lectura
OS PERIGOS DA DROGA LITERARIA Anterior MENTIRAS Seguinte

hermida

Antonte sentei co meu fillo grande a ver o especial de TVE sobre a chegada do home á lúa. Presentaba, claro, Jesús Hermida.

E alí estabamos os dous, escoitándoo falar, pausado, de vagariño, acariñando as sílabas, utilizando sinónimos, facendo subordinadas. Fitei ao meu neno de carranca. Estaba, coma min, gozando daquel dicir cheo de palabras.

Daquela, díxenlle ao meu pequecho:

– Igualiño que la Patiño e Salsa Rosa e La Noria e todos eses, ¿va que si?

A súa resposta é todo un tratado de Socioloxía da Comunicación e, de paso, unha explicación completa do moito que dexenerou a televisión:

– É que dá gusto.

Ou o que é o mesmo. Que un tipo como Hermida, na tele de hoxe, non tería cabida. Porque fala (non berra), respecta a quenda de palabra (non interrompe), argumenta (non insulta)…

É a hora, xa que logo, de lembrar aquel vello dito que utilizabamos cando só había a canle pública española e suspirabamos pola tele privada:

– A tele privada – diciamos todos, coma parvos – traerá calidade.

A nai que nos botou…


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar