menu Menu
A CASA DE CASTELAO
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Decembro 14, 2008 0 Comentarios 1 min lectura
NACEU Anterior OS MÁIS VIOLENTOS QUE OS VIOLENTOS Seguinte

É unha grata nova ler que a casa de Castelao, en Rianxo, vai ser declarada Ben de Interese Cultural. Ten un dono e iso non o discute ninguén ( non coma no caso de Méirás, que si que se discute )pero sen embargo, dalgunha maneira ( aínda que só sexa no plano do simbólico ) a casa é de todos. Iso é algo que cómpre que entendan os propietarios de determinadas casas e, por suposto, o conxunto da sociedade. Coidar ese patrimonio e poñelo ao servizo da comunidade é facer, tamén, cultura. Daquela, parabéns para a Consellería. Unha boa nova que axudará a que Castelao estea, máis aínda, sempre en Galiza.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar