menu Menu
A CRISE DA COVID-19 IMPACTOU MÁIS NA CULTURA QUE NOUTROS SECTORES PRODUTIVOS
Así o documenta un informe do Observatorio da Cultura Galega
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog), Textos para o debate en Xuño 23, 2020 0 Comentarios 2 min lectura
Sinatura na Feira do Libro de Vigo Anterior Pandemia. O colapso do modelo neoliberal e a crise climática futura Seguinte

Con demasiada frecuencia, os que nos dedicamos profesionalmente ao mundo da cultura, temos que lembrarlle á sociedade que a cultura é importante non só polo que obxectivamente nos dá a nivel intelectual, emocional ou espiritual, e que con tanta claridade se puido ver durante as semanas escuras do Confinamento, senón que, ademais, que somos empresas, industrias, entidades con facturas, que pagan o IVE, que fan contratos, que pagan nóminas e fan retencións e ingresan na Seguridade Social, que pagan as cuotas da comunidade de veciños, que mercan material, que gastan auga e luz e gas natural. E que a xente vive disto. Moita. Temos que facer este tipo de relembranzas porque polo xeral o conxunto da sociedade (incluída a administración, tantas veces) pensa que non existimos máis que como xente que gasta o seu tempo vital nunha especie de hobbie pero que nin de lonxe isto que facemos é un traballo. E é un traballo. Catar, contar, actuar, tocar, pintar, interpretar…é un traballo. Un traballo polo que é xusto cobrar unha remuneración e que ten que dar para vivir.

Todo isto vén a conta do informe que hai uns días presentou o Observatorio da Cultura Galega, dependente do Consello da Cultura Galega e que sinala que a crise provocada pola COVID-19 fixo máis dano no mundo da cultura que noutros sectores produtivos. De feito, destruíronse xa (e vai ir a máis, segundo todos os indicadores) máis de 1000 postos de traballo. Falamos de Galicia, non de toda España. 1000 postos de traballo que xa se perderon no noso país.

O parón absoluto dos meses de marzo, abril e maio (agora comezamos aos poucos a facer algo), os ERTES que tiveron que solicitar 667 empresas (da que dependen 4019 traballadoras e traballadores) pintan un panorama, cando menos, complicado.

Convén lembrar isto. Que existimos como entidades económicas. Que hai familias reais que perden o seu sustento. Que hai empresas culturais que vén complicada a súa supervivencia. E, polo tanto, que se espera, dos que teñen que tomar as decisións políticas para que isto mellore, a mesma toma de conciencia.

covid-19


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar