menu Menu
A CULPA É DA REALIDADE
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Decembro 3, 2009 0 Comentarios 1 min lectura
HAI QUE DESALOXAR GALICIA Anterior TEÑO A LITERATURA Seguinte

realidade

Alucíname a maneira en que os responsables políticos se expresan, como se as cousas que pasan nada tiveran que ver con eles.

Esta mesma mañá, mentres cruzaba Vigo cos auriculares postos, como cada mañá que non chove, na radio un falaba do comportamento do paro, como se o paro fose unha cousa viva, con existencia de seu e se lle dese por comportarse mal. Como se a súa xestión (era un responsable do goberno) non tivese que ver.

Ou como cando falan en plan a natureza tende a quentarse, para explicar o cambio climático que, seica, vai esnaquizarnos un día destes. É a natureza, que ten tendencias autodestructivas, non somos nós, non, que estamos facéndoo de pinga para que o desastre suceda.

E podería seguir e seguir poñendo exemplos e exemplos de todo tipo para ilustrar como a nosa tendencia é a de botar balóns fóra, non asumir responsabilidades.

A culpa, xa saben, é da realidade, que é fodida e non se deixa corrixir.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar