menu Menú
A ENQUISA
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en junio 16, 2009 0 Comentarios 1 min lectura
A ENQUISA ( SEGUNDA PARTE ) Anterior POR SE QUEDABAN DÚBIDAS Siguiente


Onte cubrín a enquisa. Tristeira. Onte cubrín a enquisa. Mentireira. Onte cubrín a enquisa. Manipuladora. Onte cubrín a enquisa. Falseadora. Onte cubrín a enquisa. Pensada para xustificar o inxustificable ( se aos alemáns dos anos 40 lles tiveran preguntado se había que botar aos xudíos do país sairía que si; gañaría esa burrada ). Onte cubrín a enquisa. Perversa ( saben antes de preguntar o que vai saír, pero o que vai saír non ten por que ser o xusto ).
Onte cubrín a enquisa. Que pasará á historia. E non á mellor parte da historia.
Onte cubrín a enquisa. Oxalá me fagan máis. Sobre outras materias. Sobre o soldo dos políticos. Sobre a equipación do Celta. Sobre o tempo que debe facer. Sobre as gafas do presidente da Xunta. Sobre as mulleres que deben deitarse comigo porque saia na enquisa que deben facelo.
Onte cubrín a enquisa.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar