menu Menú
A EXPERIENCIA DE VIVIR, A EXPERIENCIA DE AMAR
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en septiembre 18, 2007 0 Comentarios 1 min lectura
LIBROS NA TELE. INDISPENSABLE Anterior REPRESENTAR TEATRO GALEGO Siguiente

Na imaxe, Charlotte, Emily e Anne pintadas por P.B. Brontë en 1834.
Un dos tópicos que sempre se manexan á hora de falar do que é necesario ou non para escribir, é iso da experiencia, iso de ter vivido moitas situacións, canto máis irreais ou diferentes ou sorpendentes ou extremas ou difíciles ou pouco lóxicas, mellor.
De ser iso certo, os escritores serían todos unha panda de rariños. Mais o certo é que a meirande parte dos que eu coñezo sonche todos dun normal que abria.
Como exemplo váleme as irmás Brontë.
Charlotte, Emily e Anne case que non se moveron dos páramos aborrecidos, tediosos e inaturables de Yorkhire. Pasaron á historia da literatura por ter escrito grandes dramas sentimentais.
Pero ningunha delas coñeceu nunca o amor.
Para escribir sobre a vida, non sempre é necesaria a experiencia da vida. Seica.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up