Aínda quero dicir algo máis sobre o que tratei hai uns días, sobre ese fermoso artigo de Martín Garzo.
Di no seu texto que hai que lerlle aos pequenos para facelos felices. Que non hai outra razón. Haberá quen as atope, pero esa debe de ser a primordial.
Paréceme – e eu dígoo sempre e xa o soltei en moitos foros – que outro tanto podemos dicir do feito de escribir. Fronte do autor atormentado, que sufre en cada verso, que morre en cada novela, fronte de todo iso que para min case que sempre ten moito que ver cunha pose esaxerada, reivindico o pracer de escribir.
Escribo porque me fai feliz.
Se non, para que ía perder o tempo en xuntar letras.
Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información
Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario. Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.