menu Menu
A FIN DE MES, 'GENERACIÓN PERDIDA' (EN CASTELÁN) NAS LIBRERÍAS
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Setembro 17, 2011 0 Comentarios 1 min lectura
INFOLLABLE Anterior 'O SEGREDO DE MARCO POLO' FINALISTA DO FREI MARTÍN SARMIENTO Seguinte

Chegáronme onte os exemplares de Generación Perdida, a tradución ao castelán da miña novela do 2004 que agora sae para todo o estado da man de Pulp Books e que estará a fin de mes nas librerías de toda España.

Podedes imaxinar o gusto que dá que pase algo así. A importancia da tradución é enorme para calquera dos que escribimos, independentemente da lingua na que o fagamos. Eu sempre digo que escribo para que me lean millóns de persoas no mundo enteiro, en miles de linguas. E fágoo dende a lingua do meu país, dende a fala do lugar do mundo ao que pertenzo, coas palabras e a música da lingua miña, dende a tradición literaria galega. Pero para facer literatura universal. Porque nese punto está xa a literatura galega contemporánea. O que escribimos, polo xeral, é válido para calquera lugar do mundo. E igual que leo a Philip Roth e o entendo, a pesares de escribirme dende os Estados Unidos, eu quero que me lean en inglés nos Estados Unidos e me entendan.

Así que hoxe, hoxe tamén, moi contento.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar