menu Menu
A IMPORTANCIA DA LITERATURA INFANTIL E XUVENIL
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Maio 3, 2009 0 Comentarios 1 min lectura
A REALIDADE É MÁIS NOVELESCA QUE AS NOVELAS Anterior NON NAUFRAGAR Seguinte


Hoxe, a escritora Elvira Lindo, publica un certeiro, lúcido e necesario artigo en El País.
No seu texto di moitas cousas que é importante resaltar, como que, en xeral, o mundo literario non se toma en serio a Literatura Infantil e Xuvenil cando, en realidade, sen ela non habería lectores adultos.
Elvira Lindo explica como dalgunha maneira aínda hoxe hai quen non a toma en serio polo éxito grande que tivo co seu Manolito Gafotas. Sei de escritoras e escritores galegos que só escriben LIX e aos que os xornalistas, de cando en vez, lles preguntan que cando van escribir unha novela para adultos, como se escribir para eses chanzos de idade fose máis doado, menos importante, máis sinxelo… en definitiva, como se non fose literatura de verdade.
Persoalmente, estou farto desa sensación. E sobre todo, de que moitos escritores, profesores, xornalistas e xente máis ou menos culta, de nós e de fóra de nós, tamén o crean.
Non poden estar máis trabucados.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar