menu Menu
A IMPORTANCIA DE NON DICIR PARVADAS
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Outubro 21, 2009 0 Comentarios 1 min lectura
¿E PASARÍA ALGO SE ZARA FALASE EN GALEGO? Anterior QUEREMOS GALEGO. UNHA POSIBLE CRÓNICA (A forza do noso amor non pode ser inútil) Seguinte

Luis_Goytisolo

O pasado domingo non puiden ler o xornal. Andaba atarefado. Mais ao chegar a casa, quizais polo día que levaba, os meus ollos quedaron prendados das palabras de Luis Goytisolo na contra de El País: No he aprendido a decir bobadas.

A frase sérveme para tentar abrir un debate que hai anos se pechou, quizais dun xeito un chisco rápido de máis, arredor do compromiso, ou non, do escritor, coa sociedade na que vive e os problemas que nela hai.

Hai quen pensa que o único traballo dun novelista debe de ser escribir novelas. E a realidade é outra cousa que lle compete a outros.

Eu son máis dos que pensa que, dado que temos a oportunidade de falar diante dos outros (falando literalmente ou escribindo nos medios) temos unha certa obriga de darlle voz aos que non a teñen.

Igual soa moi a Maio do 68 pero, xa saben, son un nostálxico.

En calquera caso, e pasados xa ben os corenta anos, confórmome con pedirlle a xente, en especial aos que teñen altofalantes públicos (políticos, deportistas, xornalistas de opinión e, por suposto, escritores) que non diga parvadas.

Con iso xa son feliz.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar