menu Menu
A inmortalidade
Un poema
Por Francisco Castro Publicado en Para ler en Marzo 30, 2019 0 Comentarios 2 min lectura
Unha reflexión (amarga) dende Boloña Anterior Morte Seguinte

un dos mellores recordos da miña infancia era cando me deixaban deitarme ata quedar durmido na cama de meus pais parecíame incriblemente grande logo medrou o meu corpo e cando lla demos aos da asociación de toxicómanos cando os dous morreron pareceume pequena

creo que era os venres si era os venres logo do un dos tres responda otra vez que meu pai deitaba comigo na cama e me contaba sempre o mesmo conto unha historia que imaxino que el inventou sobre un avión que tiraba chocolate sobre unha illa na que só vivían nenos aquel conto encantábame e el contábamo e quedaba ao meu carón ata que ficaba durmido e logo ao día seguinte espertaba na miña cama

un día fun pai e un día comecei a contarlle esa historia ao meu fillo

pero máis adornada porque son escritor e sei de metáforas e metonimias pero en esencia era o mesmo pero sen aquela voz grave e de sabor caramelo ou de flan que tiña meu pai pero o mesmo conto sobre un avión que arroxaba chocolate sobre unha illa onde só había nenos e imaxino que cando os meus fillos

pois a pequena tamén tivo que escoitalo

teñan as súas propias crianzas contarán ese mesmo conto dun avión que arroxaba chocolate sobre unha illa onde viven uns nenos e mentres iso sega pasando de xeracións en xeracións a inmortalidade será posible

 

e serán inmortais as palabras e os contadores que

século a século

fomos incluíndo elementos novos nunha historia que meu pai

ou o pai de meu pai ou quen sabe quen

inventou un día para min

francisco castro inmortalidade poema


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar