menu Menú
A LINGUA. O SEXO. A LITERATURA
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en julio 3, 2008 0 Comentarios 1 min lectura
CHURCHILL NUNCA EXISTIU. ELEMENTAL Anterior SINATURA NA FEIRA DO LIBRO DE VIGO Siguiente


Fálase moito nos medios da novela da escritora siria Salwa al Neimi, A comprobación a través do mel, unha novela erótica que aposta polo pracer sexual como pórtico do paradiso ( imposible non concordar ) e que se atreve, incluso, a ampararse nos autores clásicos do mundo árabe para demostrar que o erotismo ( ou felicidade sexual, coma ela di ) tivo de sempre un gran predicamento entre esa cultura.
O libro, por suposto, está prohibido nunha manchea de países onde a relixión segue dictaminando a política. Supoño que ao escándalo que aos vaticanos e señores das fatwas sempre lles produce o asunto da felicidade sexual, hai que engadir que, neste caso, ademais, é unha muller quen fala sen pelos ( ou con eles ) na lingua. E iso aínda os escandaliza máis ( por medo á liberdade feminina ) e fai que se volvan máis ( estupidamente ) reaccionarios e censores.
Isto é unha traxedia.
Porque a literatura ademais de libre, é erótica en si mesma. A literatura sempre é a imaxinación doutros mundos, doutras persoas, doutras maneiras de sentir. É fantasía. O erotismo, xa que logo, é algo consubstancial a ela mesma. Porque hai algunha clase de pracer en ler un texto ben escrito aínda que non sexa de temática erótica.
É unha mágoa o que lle pasa a esta señora.
O ataque contra dela é un ataque contra da felicidade, erótica, literaria, de todos nós.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar