Aló polo mes de Maio celebraba aquí a posta en marcha da iniciativa Xeración, E Logo!, que ten como obxectivo mentalizar aos pais e nais de Galicia da importancia de transmitir a nosa fala ás súas crianzas.
Onte, e dentro da campaña, fomos moitos os que gozamos, na Praza da Estrela de Vigo, das actuacións de Miguel de Lira, o Mago Romarís, e das músicas de Xabier Díaz e da grandísima Mercedes Peón.
Marchamos para casa, toda a familia, cos nosos axóuxeres ( fermosísima verba ), cuns panos para a cabeza ( ata eu, que son calvo calviño puxen un ) e cunha especie de cativo libriño titulado Arrolos e xogos de iniciación para transmitir palabras e afectos.
Como xa dixen na anterior ocasión, velaí a grandeza dunha lingua: serve para dicir quérote.
Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información
Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario. Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.