menu Menu
A LITERATURA APAIXONANTE
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Maio 4, 2008 0 Comentarios 1 min lectura
A POESÍA E OS EMBIGOS Anterior QUE FAGAN O QUE LLES GUSTA Seguinte

Volvendo sobre o que falaba onte, atopo hoxe un artigo en El País de Mario Vargas Llosa.
O certo é que non o aturo, como escritor, quero dicir, nin de novelas nin como articulista, pero deste seu traballo de hoxe, hai unha frase que quero salientar. Fala do xornalismo, e di que despois da literatura é a profesión máis apaioxante que hai.
Leva razón. Cando menos niso de que a literatura é a profesión máis apaixonante de todas. E falo, desde logo ( e coma sempre ) a nivel absolutamente persoal.
Como non sentir paixón, e incluso namoro, por eses tres personaxes cos que vivo desde o 2 de Xaneiro de 2007, día no que comecei a miña nova novela e que xa, esta mesma semana, penso rematar de corrixir; como non apaixonarse cando descubres que fabricaches un mundo, que xa está dentro da túa cabeza e que ten entidade de seu; como non apaixonarse ao descubrir que esas cóxegas tan especiais que se senten cando o final da historia xa se albisca, xa estás a notalas, xa chegan, xa están aquí e son túas…
A literatura é paixón. E é un gozo estar dentro dela.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar