menu Menú
A LITERATURA DE COMBATE E DE COMER
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en marzo 2, 2009 0 Comentarios 1 min lectura
RAPEANDO NA ESTACIÓN Anterior ELES TAMÉN LEN Siguiente


O pasado sábado, no suplemento cultural do Xornal de Galicia, dedicado a Rosalía de Castro, Francisco Rodríguez, que ten moi estudada a obra da de Padrón, sinalaba: Para Rosalía, o galego era para a literatura de combate, e o castelán, o que precisaba para vender.
Coido que hoxe as cousas mudaron moito, en favor dos nosos escritores e escritoras.
Escribimos en galego e pretendemos vender os nosos libros. Se ademais nos traducen a outras linguas, mellor. Pero queremos soñar, queremos seguir soñando, coa posibilidade de facer arte na lingua de nós e de recibir o apoio da sociedade nos mesmos termos en que outros moitos profesionais tamén o reciben.
Díxeno unha vez: os escritores galegos de hoxe non teñen complexos. Actuamos, aínda que a realidade sexa a que é ( e ollo, non cambiou nada polo feito de que se desen os resultados que se deron onte: vendemos moi poucos libros, á sociedade galega impórtalle un pemento os seus literatos ), actuamos, dicía, con profesionalidade. Coma se fosemos ingleses ou españois que poden vivir do seu traballo. Escribimos coa idea de facer grandes libros. Traballamos as conferencias como se fose o noso xeito de vida. Escribimos os artigos con oficio e entrega.
A nosa é unha literatura digna e orgullosa.
Que combate. Pero que quere profesionalizarse.
Hoxe, tamén.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar