Seica comezou un programa na galega que consiste en que un grupo de cativas e cativos fan preguntas a un adulto máis ou menos relevante. O programa chámase O País dos Ananos ( todos os domingos ás 21:15 ).
Pois vale.
Pero alguén debería aproveitar o detalle para comentar que no fondo o título do programa está inspirado – supoño, non creo que se lles ocorrese así como así – no libro de Celso Emilio Ferreiro, Viaxe ao país dos ananos.
O que ven a demostrar que a tele, pásmense, manda máis que a televisión. Porque outro programa de grande éxito é Grande Irmán, que, como todo o mundo sabe, é esa entidade mala malísima presente na novela 1984 de George Orwell.
O que ven tamén a demostrar que non é certo que a televisión non fomente a lectura. Máis ben todo o contrario.
( Agora, por favor, cando rematen de rir, recorden que isto foi unha brincadeira )
Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información
Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario. Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.