menu Menu
A LOURA NON ERA TAN PARVA
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Abril 1, 2008 0 Comentarios 1 min lectura
A LITERATURA MANDA NA TELE Anterior SER MÁIS Seguinte

Hai un mito do cine que desde sempre me pareceu que estaba máis que sedento de xustiza. Á pobre Norma Jean, Marilyn Monroe para ese prostíbulo xigantesco que foi Hollywood nos 40 e 50, tomóuselle sempre por profundamente parva, como o sumum da idiocia. Isto deuse sempre por feito, e xamais ninguén ousou cuestionar esa opinión, como se non houbese nada por detrás dese sorriso de anxo e ese corpo bendito.
Moi probablemente esa imaxe viña fomentada por todos aqueles aos que lles conviña vender esa icona – de obvio consumo masculino falocrático – de loura aneuronada.
Estes días sae en castelán un libro escrito por Michel Schneider e que leva por título Últimas sesiones con Marilyn (Alfaguara). Na obra cóntansenos cousas máis que interesantes, como que a actriz, cando só tiña 21 anos xa lera a Freud e que, de cada vez que se mudaba, levaba con ela unha biblioteca de máis de 400 volumes.
Moito machista cinéfilo non dará creto ao que alí se conta.
Pois que lles dean.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar