menu Menu
A LUZ NOVA
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Xuño 22, 2007 0 Comentarios 1 min lectura
O RISO DE TITO Anterior PEDIATRAS Seguinte


Veño de rematar a lectura dun libro fantástico que non podo deixar de recomendarvos con entusiasmo. O seu autor é Vicente Luis Mora. O libro chámase La Luz Nueva, e está editado por Berenice. A moitos xa lle soará o nome do autor polo seu excelente blog.
No libro fala de moitas cousas. Entre outras, de que é innegable que moitos dos que agora escribimos e nacimos despois de 1960, é dicir, diante da televisión, non podemos deixar de notar a súa influencia en todos e cada un dos nosos textos. E leva razón. E fala diso e do impacto, no xeito de escribir, das novas tecnoloxías. A literatura, xa que logo, vólvese fragmentaria, cun discurso cheo de hipertextos e narrativamente tendente ao videoclip. A imaxe vólvese a raíña, e sobreabondan, así, as novelas “adaptables” ao cine, escritas cunha estructura de telefilme.
É especialmente interesante cando fala de como a xente, a forza de ver tantísimas horas a televisión, termina entendendo que a realidade é a televisión e non a realidade que se ve pola rúa ou a través da fiestra.
Rematei o libro onte á tardiña. E esta mañá collín o Faro de Vigo, e ese mestre do humor que é Davila regalounos esa alfaia que reproduzo aí enriba.
É o complemento perfecto.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar