menu Menú
A MERDA ESA
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en octubre 20, 2010 0 Comentarios 1 min lectura
POR QUE NON VOU AO PSIQUIATRA Anterior A MULLER DE ALZHÉIMER Siguiente

Falei dela hai tempo, e falei emocionado. Vinte anos de heroína e parecía que, a fin, a luz, un certo acougo.

Onte volvina ver polas rúas amnésicas da miña cidade. Camiñaba coa mesma présa de sempre, vendo sen ver para a xente, parándoos a todos para pedirlles una monedita para comer. Velaí está de novo, prendida da heroína. Facéndolle equilibros á morte. Paseando da man con ela.

E véxoa e pregúntome como somos quen de poñer foguetes na lúa, de descobrir os segredos da vida, de realizar transplantes, de fabricar vacinas, de perfeccionar os mecanismos da represión, de inventar a internet, de de de de, e non somos quen de evitar que a heroína (a merda esa como ela me dicía) siga chegando unha e outra vez ata a porta de quen xa nin é persoa nin é nada. Como é posible que permitamos que a miseria e a merda esa sigan lucrando a poucos a partir da morte lenta e tristísima de tantos.

Ela, por fortuna, camiña noutra dirección. E eu marcho coas miñas preguntas sen resposta. Con toda a vergonza a enluxarme os petos do pantalón.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar