menu Menú
A METAMORFOSE EN BANDA DESEÑADA
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en octubre 9, 2007 0 Comentarios 1 min lectura
A POLÉMICA DE SEMPRE Anterior (GR)AMPUTADA Siguiente


É obvio que temos que procurar solucións imaxinativas para traer á mocidade á lectura. E, na liña do que debatiamos o outro día, por que non, traelos tamén á lectura dos clásicos.
Neste senso, quixera comentar hoxe unha edición de A metamorfose, de Kafka, da man da editorial Astiberri, de Bilbao, que nos conta a historia do pobre Gregor Samsa pero en viñetas.
Coido que é unha grande idea.
De feito, ao ver o libro, recordei que pasei boa parte da miña infancia lendo uns tebeos que se chamaban ( coido recordar, pero non me fagades moito caso ), Clásicos Literarios Juveniles e que viñan sendo libros de Verne, Dickens, Salgari e similares, pero en banda deseñada e a toda cor. Moitos deses libros, despois, merqueinos para ler en papel e letra, no seu formato máis clásico. Pero igual non tería chegado a eles, ou non con tanta paixón, de non ser por esoutras versións.
Outro tanto pasoume cunha colección da Editorial Bruguera na que se combinaba a historia en papel, con outras que ían en debuxos. Coido que as miñas primeiras lecturas de Verne viñeron por esa colección.
Poderían ser fórmulas a ensaiar.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar