menu Menu
A MIÑA CRÓNICA DO GALEÚSCA
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Outubro 14, 2009 0 Comentarios 2 min lectura
A nena entende español? Anterior FE Seguinte

Galeúsca

Pasei a fin de semana en Arántzazu, en Euscadi, como un dos membros da delegación galega no Galeúsca.

Xa de volta, só podo dicir que me sinto absolutamente orgulloso do claros que temos os galegos os camiños, da fe no futuro que demostramos diante dos nosos colegas dos outros países, e de como non é doado quitarnos as ganas facilmente.

A nosa delegación, en temas clave como son a proxección da literatura, a difusión da mesma e a súa socialización, amosouse coma un só pensamento (e iso que nada falaramos antes) ao ter ben certo que só dende as novas propostas dixitais, e dedicándolle un tempo e unha enerxía que os medios de comunicación tradicionais non lle van dedicar (cando menos a nós, aos autores en castelán algo máis) imos atopar luz a fin do tunel. Demos alí leccións de vangardismo. Se alguén quixera ver en nós (dende logo non os vascos e cataláns que nos acompañaron, se cadra, certa prensa de Madrid e demasiada prensa galega)  un mollo de rancios escritores e escritoras marxinais, non podería ir máis errado. Demostramos modernidade, imaxinación, vida, creatividade e, sobre todo, moita paixón á hora de defender as nosas posicións. Plantementos que, témolo clarísimo, son vieros polos que hai que apostar, fronte da negritude imperante, para sermos unha literatura en igualdade de condicións coas demais do mundo.

O mellor de todo, coma sempre, os compañeiros e compañeiras da delegación: Cesáreo Sánchez Iglesias, o noso presidente, Mercedes Queixas Zas, a nosa secretaria, e o resto, Antía Otero, Fran Alonso, Alfredo Ferreiro, Marcos Sánchez Calveiro, Eva Moreda, Dores Tembrás, Armando Requeixo, Antón Riveiro Coello, Laura Caveiro, Rexina Vega e este humilde servidor. Catro días de intenso debate, de moito traballo, e de moitas ilusións compartidas.

Todas as fotos aquí.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar