menu Menú
A MIÑA RUTINA
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en mayo 8, 2010 0 Comentarios 2 min lectura
SCARLETT JOHANSON, STEPHEN KING E EU Anterior FR Siguiente

Hoxe polo serán na radio escoitei un anuncio que falaba de que a mellor maneira de fuxir da rutina era facendo viaxes. Claro. Pero non é a mellor. É, se cadra, unha das mellores. Porque cando viaxamos, en efecto, a nosa vida ponse entre parénteses, as nosas preocupacións e angueiras diarias pasan ás marxes e, dalgunha maneira, entramos nunha burbulla feliz e despreocupada. E o máis interesante: vemos outros mundos moi distintos do noso.

Si. Viaxar é xenial.

O anuncio fíxome pensar, como xa sabedes que vou dicir, noutra boa maneira de saír da rutina diaria. A través dos libros, claro. Con eles tamén viaxo. Con eles tamén ando por outros mundos. E podedes crerme: mentres leo estou nunha burbulla tan sólida que tanto me ten o que pase ao meu redor, que nin me decato. Logo, claro, pecho o libro e volvo ao  mundo real.

Así, para a escrita da novela que estou a piques de publicar, pasei un ano da man de Marco Polo viaxando polo mundo, mergullado ata o máximo no seu Libro das Marabillas (velaí vos deixo unha imaxe dunha das súas páxinas en edición soñada, que non miña). E agora, estou nos anos corenta do século pasado, seguindo o comezo da aventura vital dun neno de Liverpool. E cando canso dese libro, viaxo ao cuarto ateigado de verbas dunha arxentina deliciosa.

Eu tamén viaxo cos libros e grazas a eles. Tamén marcho deste meu mundo. Todos os días. Todos sen excepción.

E esa é unha das miñas grandes rutinas.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar