Hoxe tiven a sorte de impartir un Obradoiro Literario dentro dun Curso de Verán da Universidade de Santiago e que se celebra estes días no MACUF na Coruña, dirixido formidablemente polo escritor Xosé Antón Neira Cruz, e que levou por título, A mirada literaria. Comunicar arte a través da palabra.
A sesión estaba inserida dentro do curso, Comunicar Arte, Comunicar coa Arte e que conta cunha nómina de conferenciantes, escritores, ilustradores, xornalistas, creadores… de primeira división.
Síntome honrado de ter participado.
Pero, sobre todo, síntome honrado de ter experimentado, unha vez máis, a mesma sensación que teño de cada vez que imparto un Obradoiro Literario: o descubrimento de que hai moitísima xente de talento, a fortuna de pasar unhas horas creando literatura cun mollo de persoas que manexan con excelencia a palabra, que saben de metáforas, de estruturas e de personaxes. E que se deixan levar polo risco do proxecto, atolado, de crear literatura en directo…
Hoxe, coma sempre, aprendín unha chea de cousas.
A todos, grazas.
Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información
Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario. Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.