Hai un par de semanas, El País, para o dominical, preguntoulle a 100 escritores en español que elixiran os libros que “lles cambiaron a vida”. Saíu un canon ben xeitoso pero, paréceme, dabondo falso. Por pedante.
Quero dicir con isto que, polo xeral, aos escritores, cando nos preguntan sobre cales son os nosos libros de referencia, e tal, sempre nos dá por poñernos serios e transcendentes e pescudar no máis excelso dos andeis da casa. E saen os que saen e quedamos como tipos cultísimos que O Leron Todo.
Iso é o que se vota.
Sen embargo, teño para min que se quixeramos ser sinceros, teriamos que citar aos que escribiron para nós cando nenos. E así eu citaría a colección das Joyas Literarias Juveniles, e os libros de Verne editados por Bruguera… pero diría Ibañez e Escobar, y Jabato y El Capitán Trueno, e Quino e a súa Mafalda, e Astérix, e Sandokán…
Todo isto a conta de que se fixo un estudo parecido estes días pero para o común das xentes na Gran Bretaña. Gañou Enid Blyton, a de Los Cinco ( a eses, de pequeno, non os aturaba ), a Rowling ( a do Potter ) vai de terceira, e de segundo Roald Dahl ( Charlie e a fábrica de chocolate, etc… ). É dicir, aqueles escritores e escritoras que lles fixeron ler cando eran cativos e que, dalgunha maneira, son os responsables de que a día de hoxe sexan lectores.
Xa que logo, a literatura infantil e xuvenil merecería ser recoñecida como moito máis importante do que o é.
Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información
Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario. Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.