menu Menú
A PINTADA DO 1º DE MAIO
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en mayo 1, 2008 0 Comentarios 1 min lectura
GRAZAS Anterior CELSO EMILIO: UN CLÁSICO Siguiente

Hoxe volvía para casa algo tristeiro reflexionando como a cada día que pasa o 1º de Maio vai perdendo forza como xornada reivindicativa. Forges resumiuno á perfección hoxe en El País.
E cando xa non esperaba nada, moi preto da miña casa atopei unha pintada asinada por ninguén, sen referencia política de ningunha clase, sen siglas, sen nomes.
Onte non estaba.
Era unha televisión debuxada en negro. Debaixo, este lema: «Arma de destrucción masiva».
Entrei na casa cun chisco máis esperanza.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar