menu Menú
A POESÍA E O NARIZ
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en mayo 8, 2008 0 Comentarios 1 min lectura
¿COMO QUE NON SE PODE VIVIR BEN DA LITERATURA? Anterior A POESÍA E OS EMBIGOS Siguiente

Onte falei da poesía e os embigos. Hoxe toca falar da poesía e o nariz.
Dicía Nietzsche que o seu particular xeito de ver as cousas víñalle non da razón, senón do nariz. E que a pituitaria tiña que ser a parte de nós coa que facer filosofía.
Eu quedo coa de Cyrano de Bergerac, demostración de que a palabra sirve para o que sirve. No seu caso, para namorar ás mulleres. A case que todos, para seducir.
Dalgunha maneira, cando seducimos, cando somos seducidos, quen domina ou nos domina é un dicir axeitado, as palabras postas no seu sitio, as metáforas no seu lugar.
Cyrano, namorado de Roxana, vivía cheo de complexos por mor do seu nariz descomunal. Escribiu cartas por encargo para o fermoso – e parvo – Christian. Roxana namorou. E coidaba que era de Chistian. Pero non: ficaba namorada do dicir poético de Cyrano.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar