menu Menú
A POESÍA PARA SEDUCIR
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en abril 19, 2008 0 Comentarios 1 min lectura
MILLÓNS DE DRAGÓNS Anterior GALEGO EN E FÓRA DE GALICIA Siguiente

Agora, sábado á noite, paso por Spiderman 2 na tele. Un científico, antes de se converter no malo malísimo – Octopus – dálle un consello a Peter Parker – Spiderman – sobre as mulleres e o amor: Se de verdade queres namorar unha muller, dálles poesía. Nunca falla.
En O carteiro e Pablo Neruda, Beatrice Russo, a guapa guapísima, namoraba de Mario Ruoppolo, o normal normalísimo, porque o carteiro lle recitaba poemas de Neruda como se fosen seus. A moza acendíase de tal maneira que non podía deixar de querelo.
Cyrano de Bergerac namoraba, aínda que o froito gozábao outro, á súa prima, guapa guapísima, a través das fermosas palabras da poesía amorosa.
Que será o que ten a poesía. Que será.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar