menu Menú
A POLÉMICA DE SEMPRE
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en octubre 10, 2007 0 Comentarios 1 min lectura
MEDIA HORA Anterior A METAMORFOSE EN BANDA DESEÑADA Siguiente

Espertei escoitando os berros alporizados duns tertulianos dunha emisora de radio chamándolle fascistas aos que tomaron a decisión de non invitar aos escritores en castelán que son cataláns, na Feira de Francfort na que, sabedes, este ano a Cultura Catalana é a convidada. Referíanse a autores tan importantes na literatura española como Eduardo Mendoza, Carlos Ruíz Zafón, Goytisolo…
É a polémica de sempre.
Os autores citados non son autores da literatura catalana, ao igual que só os que escriben en galego son autores da literatura galega ou do sistema literario galego ou como lle queirades chamar.
Imaxinemos que a literatura española é a convidada en tal ou taloutro sitio. ¿Levaríase alí como representantes da literatura española a Quim Monzó ou a Ferrín, que escriben en catalán e galego? Ou, postos a preguntar: ¿cando vai caerlle o Príncipe de Asturias das Letras ou o mesmísimo Cervantes a un autor en eusquera, por poñerme fantasioso?
Estamos sempre coa mesma. E a min paréceme do máis sinxelo. Ninguén vai negarlles a calidade literaria a un Cela ou a un Torrente. ¿Pero non son autores esenciais da literatura española?, ¿Ou é Follas Novas un gran poemario da literatura española?
Disimulade a espesura mental destas horas. É o que ten escoitar determinadas tertulias de radio tan cedo.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar