menu Menu
A quen lle importa que morra unha lingua?
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Xuño 11, 2012 0 Comentarios 2 min lectura
XA SAIU O MEU 'SPAM' EN ITALIANO Anterior ESES GOBERNANTES QUE DESAPARECEN Seguinte

O obxectivo deste post é facervos unha pregunta.

Pero antes, hai algunha cousiña que comentar.

Hoxe El País ofrece unha interesantísima reportaxe baixo o título que encabeza estas liñas. Se un dos primeiros mandados do xornalismo é atopar un titular que chame a atención, este é de manual. E, como os galegos que falamos en galego e temos conciencia de galegos, vemos o mundo con certas alertas postas, así como o vin, sentinme aínda máis chamado á súa lectura. E aló fun.

No básico, do que nos fala é de que máis dun cento de variedades lingüísticas mexicanas están para morrer. Que os indíxenas que as falan son discriminados (no fundamental, non por indíxenas nin por falar así, senón por pobres; hai ben de anos que estou falando de que o racismo non existe, senón que o que hai é aporofobia, é dicir, o odio aos pobres…aos xeques árabes que andan por Marbella rodeados de señoras estupendas ninguén lles mira raro con tantos petrodólares como andan deixando por aí). A reportaxe explica tamén que cada dúas semanas, que se di en nada, morre unha lingua no mundo. Que o estado mexicano sinte vergonza desas linguas. Que non hai apoio educativo.

En definitiva, que lles importa un pijo andalé.

Cando era profe de filosofía -e botei 18 anos nese labor- dicíalle sempre aos que me sufrían, que o realmente importante non eran as respostas senón as preguntas.

E así chego á pregunta que quería facervos:

Impórtalle á meirande parte dos galegos e galegas que desapareza o galego?


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar