menu Menú
A REALIDADE PARALELA DO PP
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en diciembre 1, 2009 0 Comentarios 1 min lectura
TEÑO A LITERATURA Anterior UN POUCO MÁIS DE MISERIA Siguiente

liberdade

Unha das cousas que máis me amolan é a manipulación.

Unha das cousas que máis me amolan é a mentira repetida que, como dixo o outro, remata sendo tomada como verdade.

Unha das cousas que máis me amola é a demagoxia.

Unha das cousas que máis me amola é que me tomen por parvo.

A pasada fin de semana Rafael Louzán foi reelixido presidente do PP en Pontevedra. Nada que dicir sobre iso. Os seus militantes saberán. Cando tomou a palabra, recén nomeado, soltou esta perla: Puede parecer fuerte, pero con Feijóo renació una Galicia libre. Somos libres para hablar como queremos, para educar a nuestros hijos, para pensar y opinar.

De seguido, o presidente da Xunta tomou a palabra para sentenciar: Quiero un país libre donde se acabe el monolingüismo y venga el bilingüismo para hablar como nos dé la gana desde las instituciones.

E para rematala de todo, Mariano Rajoy: Las lenguas sólo tienen dos enemigos: quienes las prohíben y quienes las imponen. Celebro lo que está haciendo el Gobierno de Feijóo porque está apostando por lo más importante que tiene una persona: su vida y su libertad.

Se as cousas son realmente así, é que eu vivo nunha realidade paralela.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar