menu Menú
A RÚA DOS LIBREIROS DE BAGDAD
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en marzo 7, 2007 0 Comentarios 1 min lectura
CARLOS CASARES E A PROSA INVISIBLE Anterior GABRIEL GARCÍA MÁRQUEZ. 80 ANOS Siguiente

Onte o xornal El País informaba dun brutal atentado – outro – nas rúas de Bagdad. Afeitos como xa estamos a espertarnos así, xa nin nos sorprende.
Sen embargo, neste caso, si me chamou a atención o titular: 30 Muertos en la Calle de los Libreros en Bagdad. Leo a nova. E comprendo a forza da vida porque, a pesar da guerra, a pesar da violencia, a pesar da morte, agachada polas esquinas para beliscar a quen pase, moita xente en Bagdad vai á rúa dos libreiros… a reunirse para falar de libros e de literatura, para explicar que lles fan sentir os libros, quizais para intercambiar volumes e recomendarse, emocionados, lecturas que lles fixeron sentir algo.
A forza da vida. Que teima en seguir a pesares da morte e da destrucción provocada por este simio imbécil que se chama a si mesmo, sapiens.
Quizais, algúns dos 30 que morreron cando estoupou a bomba, estaban a falar, gozosos, de Simbad o Mariñeiro, ou de Sherezade, dous dos moitos que no seu día viviron as súas aventuras en Persia ou, quizais, comentaban os oitenta anos de García Márquez e do seu Macondo.
En calquera caso, para eles, xa non hai máis libros.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar