Esta mañá, cando cheguei á editorial, tiña un fermoso agasallo esperándome enriba da mesa, sobre os xornais do día. O primeiro exemplar, chegado directamente do prelo, recendendo a gloria, do meu novo libro, escrito a catro mans coa grandísima e xenerosa Fina Casalderrey (grazas, Fina, nunca poderei estar á altura disto que me dás, deixándome escribir contigo, canda ti, xunta ti, á beira túa), O neno can.
Como xa vos contei, é un libro en favor de UNICEF e, dende a semana que vén, andará xa polas librerías de todo o país.
Hoxe, feliz e contento.
Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información
Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario. Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.